Jorge Canda Martínez volveu renovar á fronte do Concello da Lama como alcalde despois da sesión constitutiva da nova corporación municipal xurdida das eleccións do pasado 26 de maio, que arroxou unha maioría absoluta de sete concelleiros a favor do Partido Popular. O alcalde tomou o bastón de mando visiblemente emocionado.
A nova corporación municipal está formada polos populares Jorge Canda Martínez (alcalde), David Carrera Cal, Jorge Méndez Freire, Daniel Vidal Durán, José Fortes García, Domingos Ramos Carreiro y Francisco Pérez Fraga.
Tamén forman parte da corporación dous edís do Partido Socialista, Enrique Vaqueiro Costal e Sandra López López.
Ademais repite como concelleiro de Cidadáns Andrés Cal Cal e entra na corporación o edil do BNG, Xesús Fortes.