Jorge Canda nomea a tres tenentes de alcalde para o Concello da Lama

A Lama
21 de xuño 2019

O novo goberno da Lama xa está en marcha. No pleno de organización do executivo municipal, o rexedor Jorge Canda nomeou tres tenentes de alcalde: David Carrera, Jorge Méndez e José Fortes, aínda que un ano máis volve contar só cunha dedicación exclusiva

Pleno de organización do novo goberno na Lama
Pleno de organización do novo goberno na Lama / Concello da Lama

O novo goberno da Lama xa está en marcha. No pleno de organización do executivo municipal, o rexedor Jorge Canda nomeou tres tenentes de alcalde: David Carrera, Jorge Méndez e José Fortes, aínda que un ano máis volve contar só cunha dedicación exclusiva, a do máximo responsable do goberno que cobrará o mesmo que no anterior mandato, 39.999 euros.

As novidades deste novo ciclo político chegan na repartición de áreas. David Carrera asume os departamentos de igualdade e asuntos sociais, Jorge Méndez ocuparase do medio rural e Daniel Vidal, de cultura e deportes.

Os plenos ordinarios terán unha periodicidade de dous meses, as comisións informativas compóñenas catro membros do PP, un do PSOE, un de Cidadáns e un do BNG; e a compensación por asistencia a plenos ou comisións ascende a 70 euros.

Así mesmo, tras aprobarse a acta do pleno anterior, tomou posesión da súa acta como concelleiro José Fortes que na sesión constitutiva non puido acudirse por impedimentos de carácter persoal. Despois de tomar xuramento incorporouse ao grupo municipal do Partido Popular.