O Concello de Cerdedo-Cotobade, co alcalde Jorge Cubela á cabeza, retomou este xoves en Pedre as xuntanzas veciñais para impulsar a participación e a cogobernanza na mellora da calidade de vida das persoas e dos lugares do municipio.
Durante o acto, o rexedor anunciou que "en breves días" comezarán as obras de restauración e acondicionamento da ponte medieval e o seu entorno así como a chegada da fibra óptica e a súa conseguinte alta velocidade en internet a gran parte da parroquia.
Ademais, animou aos asistentes a trasladarlle iniciativas, propostas e queixas sobre situación da parroquia. "Retomamos con gusto este contacto directo e colectivos cos veciños e veciñas de Pedre para impulsar medidas de participación veciñal na toma de decisión de aqueles asuntos de especial interés. Queremos que a xente sexa protagonista e decida o destino dos recursos municipais para priorizar e resolver aqueles problemas que lles afectan directamente", explicou Cubela.
Segundo avanzaron dende o goberno local, as peticións trasladadas centráronse na rehabilitación de un par de camiños, traballos de mantemento e pintado de bancos, bolardos e as farolas ornamentais presentes no núcleo rural de Pedre, especialmente as existentes no entorno da Eira Grande e a intervención en tres fontes que presentan problemas de funcionamento e subministro de auga.
Unha vez recollidas todas as solicitudes, o alcalde creou un Plan Municipal de Abastecemento de Auga Autónomo no que incluirán un total de 81 traídas veciñais, e animou aos asistentes a interesarse por este programa como fórmula axeitada para auditar o funcionamento das traídas, aportar solucións para melloralas e como vía de acceder a subvencións europeas para modernizarlas e adaptalas ás necesidades do século XXI.
Finalmente, manifestou o seu "desexo de dar unha resposta positiva a todas elas dun xeito inmediato" e anunciou que manterá aberta a liña de atención veciñal individual no Concello de forma simultánea con este tipo de asembleas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.