Un día despois de presentar os avais necesarios para formalizar a súa candidatura ao PP local, o único candidato en facelo, Rafa Domínguez empezou a debullar quen lle acompañará na executiva da formación.
Fíxoo confirmando que José Benito Suárez ocupará o posto de vicepresidente do Partido Popular de Pontevedra.
"O currículo de José Benito Suárez Costa é incontestable. A súa experiencia vai ser un apoio importante nesta etapa, sobre todo tendo en conta que é un gran coñecedor das parroquias de Pontevedra e que está habituado a falar con empresas a diario", sinalou o que será candidato á alcadía.
Suárez Costa, marido da presidenta do Congreso Ana Pastor, ocupa actualmente o posto de presidente da Autoridade Portuaria Marín Ría de Pontevedra e xa foi concelleiro do PP na capital provincial en dúas etapas.
Rafa Domínguez continuará coa rolda de contacto directo con afiliados e simpatizantes estes días nas parroquias de Salcedo e Ponte Sampaio, mentres que o martes protagonizará un encontro aberto no Café Cental de 20:30 a 22:00 horas.