O vindeiro xoves, 10 de novembro, volverá ofrecer servizo aos pacientes de Atención Primaria o consultorio vilagarcián de Vilaxoán. Este luns, o xerente da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Flores, mantiña un encontro con representantes da asociación veciñal da parroquia na sede da Confraría Sindical de Pescadores Virxe do Rosario.
O xerente acudía acompañdo de Ana Granxa, portavoz do PP no Concello, e da parlamentaria autonómica do mesmo partido, Elena Suárez. Prometeu que o centro volverá ter a mesma actividade asistencial que mantivera ata que se paralizou a atención. Os efectivos tamén serán os mesmos.
Indicou que, desta forma, se confirma o compromiso que adquiriu Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, cando visitou o municipio para anunciar a construción dun novo centro de saúde na localidade.
O Sergas ten previso que se desenvolva a actividade neste consultorio de luns a venres en horario de 08.00 a 15.00 horas.