José Flores destaca que o Gran Montecelo contará con espazos máis acolledores en áreas sensibles

Pontevedra
12 de agosto 2022

O xerente da área sanitaria e os responsables da UTE Gran Montecelo, analizaron as liñas arquitectónicas e de espazos do novo centro hospitalario

O xerente da Área Sanitaria José Flores visita as obras do Gran Montecelo
O xerente da Área Sanitaria José Flores visita as obras do Gran Montecelo /

O xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Arias, visitou este venres as obras de execución do Hospital Público Gran Montecelo que, segundo sinalouse no transcurso do percorrido técnico de supervisión deste relevante proxecto sanitario e de infraestrutura asistencial, "contará con espazos máis acolledores en áreas sensibles", como a Diálise, o Hospital de Día de Oncoloxía, os Coidados Paliativos ou a zona materno-infantil.

Os responsables da execución desta obra, a UTE Gran Montecelo -conformada polas empresas Ogmios, Puentes e COPASA- espuxeron ao xerente da Área Sanitaria as liñas arquitectónicas e de espazos do novo centro hospitalario pontevedrés, no que se contempla que preto do 60% dos cuartos serán individuais. 

Aumentando así mesmo nun 92% o número de salas e postos de urxencias, un 60% as camas de UCI e un 49% máis os postos no Hospital de Día, incluíndo melloras na comodidade, na intimidade e nos espazos de esparcemento para pacientes e familiares. 

Tamén disporá de novos servizos de Radioterapia, UCI pediátrica e Medicina.