José María López de Guereñu Rey celebra o seu 103 aniversario

Pontevedra
31 de xaneiro 2024

O alcalde de Pontevedra visitaba o fogar deste cidadán centenario, que foi un dos creadores da Fundación Alexandre Bóveda e director do colexio Álvarez Limeses

José María López de Guereñu Rey fala co Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
José María López de Guereñu Rey fala co Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra / Concello de Pontevedra

José María López de Guereñu Rey cumpría 103 anos o 28 de xaneiro deste 2024 e este mércores 31 o alcalde de Pontevedra, #Miguel Anxo Fernández Lores, achegábase polo seu domicilio para felicitarlle por ese aniversario.

Durante a conversación sobre a cidade, López de Guereñu lembrou o momento en que foi un dos creadores da Fundación Alexandre Bóveda cos actos conmemorativos do Día dá Galiza Mártir, aos que acudía habitualmente.

Este veciño centenario tamén é lembrado por ex estudantes do centro educativo Álvarez Limeses, que dirixiu durante uns anos.

Como representante político, en 1987 foi candidato á alcaldía de Pontevedra polo Partido Galeguista Nazonalista, ao igual que en 1991 encabezando a candidatura do Partido Galeguista.

José María López de Guereñu e o alcalde celebraron estes 103 anos cun brinde.