José Sanmartín, primeiro tenente de alcalde en Barro, repite como candidato socialista ás municipais

Barro
06 de novembro 2018

O actual secretario xeral da agrupación foi elexido por aclamación na asemblea extraordinaria celebrada este luns no Centro Cívico Castor Castro do municipio

Asemblea extraordinario do PSOE en Barro
Asemblea extraordinario do PSOE en Barro

José Sanmartín repetirá como cabeza de lista en Barro nas próximas eleccións municipais. Así o decidían os asistentes á asemblea extraordinaria celebrada este luns no Centro Cívico Castor Castro da vila.

O actual primeiro tenente da alcaldía de Barro interveu neste acto destacando o traballo realizado polo grupo municipal socialista dentro do goberno municipal durante o últimos catro anos. O secretario xeral da agrupación afirmou que se cumpriron case todos os compromisos que se adquiriron no programa electoral.

Como exemplos da súa xestión destacou a xestión municipal do mercado ambulante, cuns ingresos de ao redor de 60.000 euros anuais, que se reinvisten en melloras para a veciñanza.

Tamén remarcou a importancia dos fondos que a Deputación Provincial achega a través do Plan Concellos para acometer obras en saneamento, melloras de viarias, de iluminación e a execución de novas instalacións como a piscina municipal, que segundo afirmou estará finalizada nos próximos meses.

José Sanmartín suma xa sete anos á fronte da agrupación socialista e móstrase satisfeito polo aumento de militantes e de apoio electoral. O seu obxectivo é, para a próxima cita coas urnas, encabezar o goberno municipal e mellorar Barro desde unha perspectiva máis social.