Tras catro días en Sanxenxo, o rei emérito Juan Carlos I abandonou Galicia. Sobre as sete e media da mañá, saía de casa do seu gran amigo Pedro Campos rumbo ao aeroporto de Peinador, onde lles esperaba o avión privado que o levaría a Madrid.
O avión despegou ás 8:40 horas e aterrou na capital unha hora máis tarde. Desde alí, o monarca dirixiuse ao Palacio da Zarzuela para reencontrarse coa súa familia.
O propio Juan Carlos I recoñecía que tiña "muchas ganas" de ver á súa familia, das que esperaba "muchos abrazos", aínda que advertía que non ten previsto ofrecer explicacións sobre todo o ocorrido cos seus negocios irregulares no estranxeiro.
Tras manter esta audiencia privada con Felipe VI e a raíña Dona Sofía, entre outros, volverá esta mesma tarde a Abu Dabi, onde ten fixada a súa residencia.
Non fará falta esperar moito para volver a velo en Sanxenxo, xa que ten previsto regresar o próximo 10 de xuño para participar nas regatas da Copa do Mundo da clase 6mR de vela. Será unha estancia máis longa, xa que prevé quedar preto de dúas semanas.