Julio Araújo rompe o silencio e o comisario que o investigou encóntrao "totalmente desconocido"

29 de xaneiro 2014

Maricarmen Iglesias reacciona ás palabras de Julio Araújo gravadas por unha cámara oculta en Antena 3 sinalando que á súa familia "nos gustaría que hablara y que contara todo lo que sabe". Fala do seu sobriño e fillo do único imputado e a desaparecida e relata que cando intentan falar con el sobre a súa nai"se cierra en sí mismo". Na súa opinión, é porque "desde el primer momento no ha recibido la atención psicológica necesaria"

A parella e único imputado pola desaparición de Sonia Iglesias, Julio Araújo, rompeu este mércores o seu silencio, o que o acompaña dende a desaparición da pontevedresa o 18 de agosto de 2010. Fíxoo este mércores nun programa de televisión, Espejo Público de Antena 3, no que analizou a súa relación co seu fillo de 12 anos e a súa mala relación coa familia da desaparecida.

O contido da conversación non se reproducirá ao entender PontevedraViva que non ten autorización para facelo, pois a cadea televisiva lle gravou cunha cámara oculta, pero no citado programa valoraron as súas declaracións tanto a irmá de Sonia Iglesias, Maricarmen Iglesias, como o ex xefe da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional que levou a investigación, Serafín Castro.

Serafín Castro ve a Julio Araújo "totalmente desconocido" con respecto a cando empezou a investigalo hai máis de tres anos, pois nas declaracións gravadas esténdese dando explicacións e, non obstante, nas numerosas ocasións nas que os policías o interrogaron pola desaparición da súa parella se encontraron con que "es el típico tío, al menos con nosotros, al que le preguntas, hablas con él y no te sigue la conversación. En un momento determinado, si.., no..., es lo que piensa usted..., demuéstremelo... y de ahí...".

Maricarmen Iglesias sobre o fillo de Sonia: "Desde el primer momento no ha recibido la atención psicológica necesaria"

Maricarmen Iglesias reacciona ás palabras de Julio Araújo sinalando que á súa familia "nos gustaría que hablara y que contara todo lo que sabe" e, sobre posibles accións futuras de Julio Araújo se se levanta a imputación sobre el, considera que "no sé lo que tiene pensado hacer", pero que está convencida de que "cuanto más tiempo pasa, el tiempo corre a su favor y él lo sabe perfectamente".

A irmá da desaparecida recorda que a familia mantén mala relación co único imputado e, de feito, xa anunciaron en diversas ocasións a súa intención de pedir a custodia do neno, pero atrásano para "no perjudicarlo" (ao neno), pois o rapaz "sabe perfectamente que su padre es el único imputado". Si relata que cando intentan falar con el sobre a súa nai "se cierra en sí mismo". Na súa opinión, é porque "desde el primer momento no ha recibido la atención psicológica necesaria".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en