La Fundación Toro de Lidia presenta o seu Capítulo á afección taurina pontevedresa

Pontevedra
20 de xullo 2018

O gandeiro Victorino Martín García, o ex toureiro César Rincón e o xornalista Chapu Apaolaza estarán o martes 24 en Pontevedra para presentar a Fundación Toro de Lidia aos afeccionados taurinos 

Imaxe de portada da web Fundación Toro de Lidia
Imaxe de portada da web Fundación Toro de Lidia / Fundación Toro de Lidia

A afección taurina de Pontevedra pasa a contar co respaldo da Fundación Toro de Lidia. O vindeiro martes 24 ás 21.00 horas nas instalacións do Liceo Casino presentarase o Capítulo de Pontevedra da fundación.

O acto contará coa asistencia do presidente da entidade e gandeiro, Victorino Martín García; o ex toureiro e igualmente gandeiro César RincónChapu Apaolaza, portavoz de Toro de Lidia. Como xornalista Apaolaza, publica en varios medios escritos, é colaborador de radio, retransmitíu touros en Movistar+ e é autor de '7 de julio' de Libros del KO. Os afeccionados interesados poden acudir á convocatoria de forma libre e gratuita.

Estes capítulos provinciais son os encargados de 'aglutinar e representar á sociedade civil afín á tauromaquia na provincia'. Este acto de presentación previsto para o día 24 é resultado de conversacións previas que mantiveron representantes da fundación con responsables da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra.

Ambas as dúas partes contactaron para abordar a tesitura particular e xeral dos afeccionados taurinos. Desta maneira a cidade do Lérez súmase a capitais como Málaga, Albacete e Salamanca que recentemente se adheriron á fundación.

A Fundación Toro de Lidia, creada hai dous anos, é unha organización privada, de carácter cultural e sen ánimo de lucro; cuxa finalidade é 'fomentar, conservar, mellorar, defender, promover, divulgar o touro de lidai e a tauromaquia, como cultura e disciplina artística en todos os ámbitos: aspecto material e inmaterial e sectores; facilitando e velando polo dereito de todos ao seu coñecemento, acceso e libre exercicio en todas as súas manifestacións'.

Ata a data está integrada por profesionais, particulares e entidades vinculadas directa ou indirectamente ao ámbito taurino. Case un centenar de toureiros, novilleros, subalternos e rexoneadores sumáronse como Diego Ventura, Juan Mora, Rafaelillo, Antonio Ferrera, Curro Díaz, 'El Juli', Diego Urdiales, Juan Bautista, Manuel Cid, Fernando Robleño, Sebastián Castella, Manuel Escribano, José María Manzanares, Miguel Angel Perera, Eduardo Gallo, Talavante, Cayetano Rivera, Álvaro Lorenzo, Paco Ureña, Roca Rey ou Juan del Álamo.

Máis de medio centenar de ganderías como Victorino Martín Andrés, Torrealta, Toros de Parladé, Juan Pedro Domecq, José Escolar, Jandilla, Garcigrande, Fermín Bohorquez, Domingo Hernández, Baltasar Ibán, Dolores Aguirre, Núñez del Cuvillo ou Alcurrucén; e case trinta empresarios taurinos tamén forman parte dela.

Os afeccionados, así como peñas, clubs, federacións, círculos culturais e calquera outra estrutura asociacionista vinculada aos touros, pode adherirse igualmente á Fundación Toro de Lidia.