Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita italiana, a lasaña, un prato que admite entre os seus ingredientes tanto peixes, como verduras ou carnes. Nesta ocasión, imos aproveitar as excelentes calidades dos produtos de Conservas Pescamar e os seus filetes de xarda do sur.
A xarda é un dos peixes azuis máis apreciados polo seu alto contido en ácidos graxos omega-3, moi indicados para protexer o noso corazón e previr unha gran variedade de enfermidades cardiovasculares.
Para preparar esta deliciosa Lasaña con filetes de xarda Pescamar e queixo de cabra necesitamos os seguintes ingredientes para 4 persoas:
- 2 latas de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar
- 12 láminas de pasta para lasaña
- 180 g de verduras sobrantes doutro guiso
- 40 g de tomate frito
- 1 cebola
- 120 g de queixo de cabra
- 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra
- Sal
- Pementa
- Ourego
Preparación:
Poñemos nun cazo auga con sal a ferver. Cando xa estea a ferver, engádense as láminas de pasta durante 5 minutos, ata que queden al dente para que non rompan.
Mentres tanto, nunha tixola engadimos un chorriño de aceite e douramos a cebola previamente cortado en anacos.
Unha vez que temos preparados os ingredientes, montamos a lasaña nun molde para forno, onde poñeremos un chorriño de aceite e fariña para que non se pegue.
Primeiro colocamos unha lámina. Enriba, unha parte de verduras, outra de salsa de tomate cun pouco de pementa e o contido dunha lata de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar (co aceite previamente escorrido).
A continuación, unha segunda lámina, a mestura de verduras, un pouco de salsa de tomate con pementa e o contido dunha lata de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar (sen o aceite). Cubrimos cunha terceira lámina.
Enriba desta última lámina, poñemos queixo de cabra cortado en rodas moi finas e empoamos ourego ao gusto.
Procederemos da mesma maneira ata completar as catro racións. A continuación, introducimos o molde no forno durante 5 minutos a 250º C en grella.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva", de Conservas Pescamar.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.