Leccións prácticas de educación viaria para os escolares de Marín

Marín
29 de maio 2024

A Policía Local de Marín impartiu nos últimos días as Xornadas de Educación Viaria en todos os centros educativos do municipio

Leccións prácticas de educación viaria para os escolares de Marín
Leccións prácticas de educación viaria para os escolares de Marín / Concello de Marín

A Policía Local de Marín impartiu nos últimos días as Xornadas de Educación Viaria en todos os centros educativos do municipio. 

A deste mércores tivo como protagonista ao alumnado do CPR A Inmaculada e desenvolveuse no Parque Eguren.

As sesións están dirixidas ao alumnado de 6º de Primaria e combinan unha parte teórica sobre seguridade viaria e bo comportamento peonil cunha parte práctica con karts.

Ademais, os alumnos tiveron a oportunidade de ver como funcionan os vehículos e medios policiais.