Lembran a Jacobo Moreira que é o PP quen dará cobertura legal á capitalidade de Vigo

Pontevedra
07 de xuño 2016

Carme da Silva chamou a atención sobre o feito de que "aquilo que Moreira tanto criticaba", agora sexa o Partido Popular o que o pida e recoñeza a capitalidade de Vigo como "reivindicación histórica" e lle de cobertura legal. Para iso os populares presentarán unha emenda que empraza a dotar á cidade olívica dos mesmos servizos que unha capital de provincia

Vista da cidade de Vigo
Vista da cidade de Vigo / Juan Mejuto

A tenente de alcalde de Pontevedra, Carme da Silva, esixiu ao portavoz municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, "que se tome os plenos do Concello máis en serio do que o toma".

No pleno do 21 de marzo debateuse unha moción dos populares na que reiteraba a necesidade de "defender a importancia de Pontevedra" fronte ao "agravio" que supoñía a posta en marcha da área Metropolitana de Vigo e advertía da "continua perda de peso" da cidade do Lérez nos últimos anos. A corporación municipal de Pontevedra opúxose á moción do PP.

Carmen da Silva chamou a atención sobre o feito de que "aquilo que Moreira tanto criticaba", agora sexa o Partido Popular o que o pida e recoñeza a capitalidade de Vigo como "reivindicación histórica" e lle dea cobertura legal. Para iso os populares presentarán unha emenda que empraza a dotar á cidade olívica dos mesmos servizos que unha capital de provincia.

O texto da Lei da área Metropolitana recollerá que Vigo, como capital do ente, "terá un tratamento propio na dotación de servizos públicos da administración central, autonómica e provincial, similar aos dunha capital de provincia". Prevén que o Parlamento galego, "no que Moreira e deputado" o referende no pleno ordinario do mes de xullo.

Carme da Silva dixo ter a impresión de que "Jacobo non se entera, no PP non lle contan as cousas, porque non é normal que sexan as emendas do grupo do Partido Popular".

"Isto demostra que Jacobo Moreira ten un problema de comunicación dentro do grupo popular e un problema grave de seriedade no Concello de Pontevedra", concluíu Carme da Silva.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora