Leonor de Borbón recibirá a medalla de ouro de Galicia tras completar a súa formación militar en Marín

Marín
11 de xuño 2025
Actualizado: 9:07

O goberno galego imporá esta distinción á princesa Leonor como forma de "mostrar o afecto e o respecto" do pobo galego á herdeira á coroa. Recibiraa o próximo 14 de xullo

Primeiro día na Escola Naval da Princesa de Asturias
Primeiro día na Escola Naval da Princesa de Asturias / Casa Real

A Xunta outorgará a medalla de ouro de Galicia á princesa Leonor, como culminación ao seu ano de formación militar na Escola Naval de Marín.

O acto terá lugar o próximo 14 de xullo e, posteriormente, o 16 de xullo, coincidindo coa festividade da Virxe do Carme, tamén será nomeada filla predilecta de Marín.

O goberno galego imporá esta distinción á princesa Leonor como forma de "mostrar o afecto e o respecto" do pobo galego á herdeira á coroa.

As medallas de ouro de Galicia constitúen o máximo recoñecemento que o Executivo autonómico entrega a personalidades, colectivos ou institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade en calquera ámbito da vida social, cultural ou económica.

A imposición da medalla, por motivos de axenda da princesa, terá lugar o próximo 14 de xullo, mentres que o resto de premiados recibirán o seu galardón na data habitual, o 24 de xullo.

Precisamente, a princesa Leonor regresou este luns a España tras permanecer cinco meses a bordo do buque escola Juan Sebastián Elcano.

O cruceiro de instrución de Elcano terminará a súa travesía en Marín o 13 de xullo.

Acabará así á etapa de formación naval de Leonor de Borbón, quen, tras o verán, volverá estrear uniforme e compañeiros no Exército do Aire na Academia de San Javier, en Murcia.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora