Licitan o acondicionamento das últimas plantas do Edificio de Benito Corbal

Pontevedra
27 de novembro 2019

As plantas 5ª, 6ª e 7ª están a disposición da Universidade de Vigo e a planta 8ª albergará a Fundación Manuel Moldes

Inauguración do Edificio Administrativo da rúa Benito Corbal
Inauguración do Edificio Administrativo da rúa Benito Corbal / Mónica Patxot

A Xunta publica este mércores na plataforma Contratos de Galicia a licitación das obras de acondicionamento das plantas 5ª a 8ª do edificio de Benito Corbal por un importe de 825.000 euros.

A Universidade disporá así de tres plantas no centro de Pontevedra para desenvolver o Campus Crea e a planta 8ª acollerá a sede da futura Fundación Manolo Moldes. As obras de acondicionamento deberán estar rematadas nun prazo de 6 meses dende o seu inicio, polo que ao longo do ano que vén, o edificio estará plenamente operativo.

O novo e reformado edificio de Benito Corbal inaugurouse no mes de maio. Grazas a un orzamento total de preto de 5 millóns de euros, os case 6.000 metros do edificio situado no centro da cidade de Pontevedra.

Dende este martes albergan nas súas tres primeiras plantas as oficinas de emprego e as asociacións situadas nas plantas terceira, cuarta e quinta que están xa levando a cabo as mudanzas aos seus novos locais na sede de Benito Corbal.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora