O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acaba de licitar o contrato de asistencia para o centro de día de Cuntis. O goberno municipal celebra que, con esta decisión, se estea a dar un paso definitivo para a apertura destas instalacións.
A Xunta optou por licitar de forma conxunta o servizo asistencial de atención diurna e atención residencial nos centros de día de Cuntis, Redondela e Cambados, xunto co fogar residencial de Redondela.
O valor estimado do contrato é de 4.360.253 euros, máis o IVE correspondente.
As empresas interesadas na súa xestión poden presentar ofertas ata o 7 de febreiro.
Cuntis considera que este centro de día é unha infraestrutura "primordial" para o municipio e, a este respecto, o goberno incluíu unha partida nos orzamentos para 2018 para asumir a súa parte do convenio asinado co consorcio.