Limpeza integral para os 820 contedores de Caldas de Reis

Umia
19 de xullo 2021

O servizo de Medio Ambiente do Concello de Caldas de Reis puxo en marcha o seu plan anual de limpeza e desinfección dos colectores destinados á recolección de residuos sólidos urbanos. Os traballos comezaron nas parroquias do rural e continuarán no casco urbano

Limpeza de colectores en Calda de Reis Concello de Caldas de Reis

O servizo de Medio Ambiente do Concello de Caldas de Reis puxo en marcha o seu plan anual de limpeza e desinfección dos colectores destinados á recolección de residuos sólidos urbanos. 

Segundo a información oficial difundida polo Concello, os traballos comezaron nas parroquias do rural e continuarán no casco urbano.

A empresa especializada S.A de Gestión de Servicios y Conservación realiza os traballos en coordinación co persoal municipal de residuos sólidos urbanos.

Trátase dun proceso longo e complexo que afectará a 820 colectores de todo o municipio. Realízase unha limpeza e desinfección integral e en profundidade ao interior, o exterior e ás tapas

Debido á precisión necesaria para a correcta execución do procedemento de desinfección, o tratamento realízase coa axuda dun camión 'limpacolectores'

O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel González, destacou que o de Caldas é un dos poucos concellos que realizan este tipo de actuacións e que "son moi importantes" para a boa conservación destes elementos e, en consecuencia para unha óptima prestación do servizo de recollida de lixo.