Liña continuísta do novo goberno de María Ramallo dividido en sete grandes áreas

Marín
21 de xuño 2023

O goberno que forma María Ramallo (PP) contará con once delegacións e mantén a estrutura do anterior mandato con Manuel Santos facéndose cargo de Urbanismo e Facenda; mentres que Marián Sanmartín será responsable de Medio Ambiente, Cultura, Benestar Social e Igualdade

María Ramallo, alcaldesa de Marín, con concelleiros do seu grupo municipal
María Ramallo, alcaldesa de Marín, con concelleiros do seu grupo municipal / Concello de Marín

María Ramallo, alcaldesa de Marín (PP), avanzaba este mércores a estrutura do novo goberno local. Segundo explicou, os cargos baséanse nunha proposta continuista contando co labor realizado polas persoas que xa acompañaron á rexedora durante os últimos anos e que se apoia na experiencia e na boa xestión, argumentou Ramallo.

Establécense sete áreas xenéricas con once delegacións para apoiar a xestión e o traballo necesario en cada unha delas. 

Desta forma, o goberno contará coa seguinte distribución:

1.- Urbanismo e Facenda: Manuel Santos Costa, que continúa sendo tenente de alcaldía. Cun departamento destinado a TICs: Hugo González López

2.- Medio Ambiente, Cultura, Benestar Social e Igualdade: Marián Sanmartín García, con Itzíar Álvarez Tapia, dedicada especialmente a Cultura; mentres que Mónica Viqueira Rodríguez encargarase de servizos sociais e igualdade.

3.- Medio Rural: Pablo Novas Caballero.

4.- Deportes: Antonio Traba Miñones. Neste apartado inclúese un departamento de xuventude e axenda deportiva, a cargo de Antonio Caíña Fortes.

5.- Turismo e Comercio: Cristina Acuña González

6.- Seguridade e Mobiilidade: Paco Estévez Salazar.

7.- Promoción económica e Patrimonio: Beatriz Rodríguez Gómez.