O Concello de Sanxenxo ten xa listo o proxecto de ensanche e pavimentación do camiño de Guillabai na parroquia de Dorrón.
O viario é un acceso cara ao lugar de Barreiro desde as proximidades da igrexa de Dorrón. Ten uns dous metros e medio de anchura, discorrendo sobre terra, polo que o tránsito é moi complicado.
Unha vez iniciada a actuación contémplase un prazo de execución de tres meses. O orzamento achégase aos 155.000 euros e podería contar con subvención da Deputación.
O proxecto contempla unha ampliación "a catro metros do eixo do camiño actual", e pavimentarase para o óptimo tránsito de peóns e vehículos.
Esta execución requirirá de muros de contención e o retranqueo dos postes de electricidade, telefonía e iluminación pública.
Tamén se renovarán as tajeas de drenaxe, reconstruirase a canle de regadío e colocarase unha varanda de seguridade por encima da aliñación de muro de contención.
Este proxecto de mellora foi unha das solicitudes trasladadas polos veciños ao Concello de Sanxenxo durante a reunión mantida o pasado febreiro.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.