Lixeira baixada de pernoitadas hoteleiras en xuño respecto a 2022 en Sanxenxo

Sanxenxo
24 de xullo 2023

Sanxenxo rexistrou no mes de xuño 78.322 pernoitadas hoteleiras, segundo os datos publicados este luns polo INE no balance de Coxuntura Turística Hoteleira. Trátase dun 6,31% menos que o ano anterior

Centro da vila de Sanxenxo con Silgar ao fondo
Centro da vila de Sanxenxo con Silgar ao fondo / Turismo de Sanxenxo

Sanxenxo rexistraba durante o mes de xuño deste ano un total de 78.322 pernoitadas hostaleiras, un 6,31% menos que no 2022, segundo os datos que este luns publicaba o Instituto Nacional de Estatística no balance de Conxuntura Turística Hostaleira.

A maioría de visitantes eran de orixe española. 15.449 persoas pertencían a poboación estranxeira mentres que 62.873 das persoas que figuran nestes datos eran españolas.

Neste balance non figuran as casas rurais, cámpings, apartamentos turísticos ou segundas residencias, segundo lembra o Concello de Sanxenxo. 

O estudo reflicte a apertura de 75 establecementos de aloxamento e un grao de ocupación media por prazas do 45,97% cun incremento ao 56,19% durante as fins de semana.

O Concello sinala que, segundo os datos da Consellería de Traballo, Sanxenxo liderou en xuño a caída do paro na comarca cunha taxa de desemprego do 6,45% sobre unha poboación activa de 7.930 persoas. O mes pechouse con 511 desempregados, 72 persoas menos que en maio.