Galicia é unha das comunidades autónomas nas que o desemprego baixou en febreiro. Rompe así unha tendencia alcista de cinco meses. Pero Pontevedra non seguiu a mesma tónica. Nin a nivel provincial nin local. 19 persoas engrosaron as listas do paro na cidade do Lérez, alcanzando un total de 6.825 desempregados, un 0,28% máis que o mes anterior.
En termos interanuais, os datos son algo máis positivos. Nos últimos doce meses, o paro reduciuse en Pontevedra en 842 persoas, un 10,98%, desde os 7.667 desempregados que había na cidade en febreiro de 2016.
Con todo, varios concellos da área de influencia de Pontevedra si lograron reducir o desemprego en febreiro. Así, localidades como Sanxenxo, Caldas de Reis, Barro, Cuntis, Vilaboa ou Ponte Caldelas, entre outras, rexistraron menos parados que o mes anterior.
| Febreiro | Xaneiro | Variación | |
| Pontevedra | 6.825 | 6.806 | 19 |
| Barro | 356 | 368 | -12 |
| Bueu | 958 | 929 | 29 |
| Caldas de Reis | 914 | 955 | -41 |
| Cambados | 1.329 | 1.295 | 34 |
| Campo Lameiro | 177 | 184 | -7 |
| Cerdedo-Cotobade | 466 | 459 | 7 |
| Cuntis | 404 | 419 | -15 |
| O Grove | 1.150 | 1.154 | -4 |
| A Illa de Arousa | 380 | 358 | 22 |
| A Lama | 216 | 213 | 3 |
| Marín | 2.029 | 2.002 | 27 |
| Meaño | 479 | 486 | -7 |
| Meis | 437 | 442 | -5 |
| Moraña | 442 | 440 | 2 |
| Poio | 1.350 | 1.341 | 9 |
| Ponte Caldelas | 609 | 610 | -1 |
| Portas | 262 | 261 | 1 |
| Ribadumia | 397 | 385 | 12 |
| Sanxenxo | 1.403 | 1.419 | -16 |
| Vilaboa | 520 | 525 | -5 |
| Vilagarcía de Arousa | 4.077 | 4.019 | 58 |
| Vilanova de Arousa | 942 | 926 | 16 |
DATOS PROVINCIAIS
Por provincias, o desemprego caeu en todas salvo en Pontevedra, onde aumentou en 157 persoas, un 0,19%, segundo os datos que fixo públicos o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Así, o total de parados na provincia sitúase en 84.738 persoas.
No conxunto estatal, o paro baixou en febreiro en 9.355 desempregados respecto ao mes anterior (-0,2%), o seu segundo mellor rexistro nun mes de febreiro desde 2005. En total, están sen emprego 3.750.876 persoas, polo que continúa nos niveis máis baixos do últimos sete anos.