Unha patrulleira da Garda Civil deu un novo golpe contra o furtivismo na ría de Pontevedra. Nesta ocasión, acharon 54 nasas para polbo que estaban nas inmediacións da praia de Mogor, en Marín.
As nasas, segundo informou o instituto armado, estaban sen sinalizar e estaban situadas nunha zona totalmente prohibida para este tipo de arte de pesca.
O achado produciuse sobre as once e media da mañá.
Todas as nasas foron depositadas no lugar habilitado para iso pola Xunta de Galicia.