Localizan no depósito dun guindastre o vehículo que derrubou un farol e deuse á fuga en Poio

Poio
15 de xullo 2023

Sucedía na noite deste venres cando un vehículo impactaba e derrubaba un farol na Rúa Pedro Soto Couselo, en dirección a Campelo. O condutor marchaba do lugar sen comunicar o sinistro. A Policía Local de Poio conseguiu localizar o vehículo nun depósito dun guindastre privado e tramita unha denuncia por condución temeraria

Turismo que causou os danos nun farol en Poio
Turismo que causou os danos nun farol en Poio / Policía Local de Poio

Durante a noite deste venres producíase un accidente na Rúa Pedro Soto Couselo, en dirección a Campelo, no municipio de Poio.

O sinistro provocaba danos nun farol. O condutor do vehículo decidiu non comunicar o sinistro e dábase á fuga do lugar do suceso.

Os axentes da Policía Local actuaron con rapidez e lograban localizar durante as últimas horas o turismo involucrado no accidente nun depósito dun guindastre privado. 

A Policía Local de Poio tramitou unha denuncia por abandonar a zona sen comunicar o accidente e por condución temeraria ao empregar unha velocidade inadecuada na vía nunha zona limitada a un máximo de 30 km/h poñendo en risco aos usuarios da vía.

Ademais, reclámase ao condutor o pago dos danos causados no farol, pertencente ao mobiliario urbano.