Localizan un ladrón que furtou 400 litros de gasoil dun camión en Samieira

Poio
20 de decembro 2023

A Policía Local de Poio ten aberta unha investigación para aclarar varias denuncias realizadas nos últimos tempos por roubos de gasoil no municipio e pide colaboración cidadá para que calquera persoa que teña algunha sospeita ou información se poña en contacto co Corpo policial

Material intervido ao sospeitoso
Material intervido ao sospeitoso / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio ten aberta unha investigación para aclarar varias denuncias realizadas nos últimos tempos por roubos de gasoil no municipio e pide colaboración cidadá para que calquera persoa que teña algunha sospeita ou información se poña en contacto co Corpo policial.

Os policías fan esta petición á cidadanía xusto despois de resolver o último roubo destas características rexistrado en Poio. Esta pasada fin de semana furtaron 400 litros nun camión estacionado na parroquia de Samieira.

Segundo a información policial facilitada, o furto rexistrouse durante a noite do sábado e do domingo e, a raíz da denuncia presentada polo condutor do camión, lograron localizar o sospeitoso.

Os axentes identificaron unha persoa relacionada co suceso e localizaron no seu vehículo utensilios como garrafas e unha mangueira que puido utilizar para furtar o combustible.

Nos últimos tempos existen outras denuncias de feitos similares e están a investigalas para determinar "se puidesen estar relacionadas".