Loita contra o narcotráfico: un ano de investigación que deixou un balance de dez detidos

Pontevedra
14 de agosto 2019

O novo coronel da Garda Civil en Pontevedra, Simón  Venzal, reuniuse co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que lle deu a benvida a unha " cidade diferente, especial" e trasladoulle que a súa intención é manter unha relación de respecto institucional e colaboración 

Reunión do coronel Simón Venzal con Miguel Anxo Fernández Lores
Reunión do coronel Simón Venzal con Miguel Anxo Fernández Lores / PontevedraViva

O novo coronel da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, confirmou este mércores que a última operación contra o tráfico de drogas realizada polo Equipo contra o Crime Organizado (ECO) Galicia e a Unidade Central Operativa (UCO) deixou dez detidos na comarca do Salnés, dos que uno xa quedou en liberdade tras prestar declaración ante os axentes da Benemérita. 

O máximo responsable da Garda Civil na provincia descartou facilitar detalles da operación porque de momento as dilixencias están declaradas secretas, pero si confirmou o número de detencións e revelou que a operación é resultado dun ano de traballo. 

Seis dos detidos foron trasladados este mércores a Vilagarcía, onde pasarán ao dispor do Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía, en funcións de garda. Este non é o xulgado que coordina a investigación, senón que procede dun órgano xudicial de fóra de Galicia. 

Outro detido foi posto ao dispor do Xulgado Mixto número 4 de Cambados, en funcións de garda. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), quedou en liberdade á espera de que lle cite o xulgado que leva a causa. 

O coronel Venzal descartou que haxa previstas máis detencións e quixo destacar que, pola información que el intercambiou cos mandos da Comandancia, en Pontevedra está a traballarse moi ben en materia de loita contra o narcotráfico. "Se trabaja de forma rigorosa e seria". 

Estas declaracións realizounas o coronel Venzal no Concello de Pontevedra con motivo dunha visita institucional para reunirse co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Trátase do primeiro encontro desde a chegada do mando da Garda Civil ao cargo este verán e serviu a modo de benvida. 

Lores explicou que se trata dunha primeira visita protocolaria para darlle a benvida e que vexa está nunha "cidade diferente, especial", da que os pontevedreses están "moi orgullosos". Ademais, aproveitou para trasladarlle que a intención do Concello e del mesmo é manter unha relación de respecto institucional e colaboración. 

Tamén aproveitou para lembrar que o goberno local é partidario de mellorar o tráfico peonil entre a Comandancia e Pontevedra e no Nó de Bombeiros, pero que se trata dunha actuación dependente do Ministerio de Fomento do Goberno central. 

O coronel Venzal, pola súa banda, explicou que é natural de Almería, aínda que o seu anterior destino estivo no Servizo de Costas e Fronteiras en Madrid, e que a benvida xa lla deu a propia cidade, nada máis chegar