López Abella participa na mesa contra a violencia de xénero de Cambados, Meis y Ribadumia

O Salnés
07 de xuño 2017

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou este mércores na convocatoria mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero dos concellos de Cambados, Meis e Ribadumia

Mesa Local de Traballo contra a Violencia de Xénero do Concello de Marín
Mesa Local de Traballo contra a Violencia de Xénero do Concello de Marín / Xunta

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou este mércores na convocatoria da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero dos concellos de Cambados, Meis e Ribadumia.

O obxectivo deste órgano é promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións de cara á erradicación desta lacra.

López Abella destacou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático.

Polo tanto concluíu que resulta fundamental coordinar todos os recursos dirixidos a sensibilizar a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.