Lorenzana e Cubela estudan as opcións industriais de Cerdedo-Cotobade

Cerdedo Cotobade
23 de maio 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo este mércores 22 un encontro co alcalde de Cerdedo-Cotobade para avaliar as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano daquelas iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, conversa co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, conversa co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela / Xunta de Galicia

Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, mantiña este mércores un encontro en Santiago de Compostela con María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria.

Durante a reunión tratáronse as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano de iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento.

Lorenzana presentou ao rexedor o programa de axudas da Xunta para polígonos industriais cunha primeira liña destinada á mellora de infraestruturas e outra que se destinará á creación de viveiros industriais.

Por último, está prevista outra axuda destinada a reforzar as redes de distribución eléctrica dos parques empresariais.

A conselleira trasladou a importancia da planificación industrial e enerxética para xestionar o solo empresarial de Galicia a través da nova Dirección Xeral de Estratexia.