Lores: "A Núñez Feijóo impórtalle un bledo o que pensan os pontevedreses sobre ENCE"

Pontevedra
23 de abril 2015

A Miguel Anxo Fernández Lores segue sen gustarlle a nova postura pública do Partido Popular acerca da continuidade de ENCE na ría. Pero sobre todo molestáronlle as declaracións de Alberto Núñez Feijóo -repetidas este mércores en Pontevedra- nas que compara a incidencia da empresa pasteira na cidade coa que ten Citroën en Vigo, Inditex na Coruña ou o sector naval en Ferrol

Núñez Feijóo, nunha visita ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Núñez Feijóo, nunha visita ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva / Mónica Patxot

A Miguel Anxo Fernández Lores segue sen gustarlle a nova postura pública do Partido Popular acerca da continuidade de ENCE na ría. Pero sobre todo molestáronlle as declaracións de Alberto Núñez Feijóo -repetidas este mércores en Pontevedra- nas que compara a incidencia da empresa pasteira na cidade coa que ten Citroën en Vigo, Inditex na Coruña ou o sector naval en Ferrol.

"ÿ descoñecer de que estamos falando ou mala intención", afirmou Fernández Lores acerca do dito polo presidente da Xunta. "Son escusas de mal pagador", reiterou. O alcalde lamenta que ao Partido Popular lle "vale todo" para xustificar que ENCE siga na súa actual situación de Lourizán porque "sempre estiveron a favor" da súa continuidade.

Tras sinalar que ao PP "non lles importa un bledo o que pensen os cidadáns de Pontevedra", insistiu en que a Xunta de Galicia aposta porque ENCE se manteña na ría "por encima de todo", xa que denunciou que os populares "están ao servizo do consello de administración da empresa". Fronte a isto, dixo, opóñense á "opinión maioritaria" dos cidadáns que é, segundo o alcalde, recuperar a ría para outras actividades económicas.

Fernández Lores asegurou que "me preocupan todos os postos de traballo", incluídos os que xera ENCE na cidade, pero destacou que "non vale que en base á situación do paro se xustifique incumprir todas as normativas medioambientais" ou que se renuncie a que a ría potencie as súas posibilidades para o marisqueo ou o turismo náutico, actividades que xerarían "máis emprego que ENCE".

O alcalde reiterou que no BNG "somos favorables a que se traslade a onde consideren oportuno", e recordou que ENCE tivo 30 anos para xestionar o seu traslado e "non lles deu a gana de facelo". Ademais, volveu a denuncian o "trato de favor" da Xunta coa pasteira á que "lle están perdoando impostos que pagamos todos" como, apuntou, o canon de saneamento polo que pagan "moitísimo menos do que debían".