O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, participou este martes, 18 de febreiro, na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico celebrada na Pousada de Viana do Castelo, na vila do norte de Portugal.
A vicepresidenta da Mesa da Asamblea e alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, xunto co presidente da Asamblea e de Viana do Castelo, Luís Nobre, foron os encargados de darlle a benvida ao resto de membros.
Alén dos distintos puntos incluídos na orde do día da xuntanza, xunto coa presentación do informe 'As cidades ante os novos desafíos: Escenarios de futuro', o rexedor pontevedrés quixo destacar a importancia do traballo do Eixo Atlántico á hora de afondar nas relacións que as distintas cidades e vilas galegas manteñen coas cidades e vilas portuguesas.
"É preciso continuar mellorando as nosas vías de colaboración co país veciño, compartindo obxectivos e retos dentro dos eidos da cultura, a economía e o turismo", indicou.
Todos os integrantes do Eixo comprometéronse a seguir traballando e implantando medidas que permitan seguir mellorando a calidade de vida das persoas das cidades representadas.
Fernández Lores valorou de xeito positivo a xuntanza, dándolles a benvida tamén as vilas de Betanzos e Vilalba, que xa forman parte do Eixo Atlántico trala aprobacións da súa adhesión.
