Lores sobre a situación laboral en Liteyca, a subcontrata de Telefónica: "É de escravos"

Pontevedra
11 de xuño 2015

O alcalde de Pontevedra recibiu a unha representación dos traballadores de esta empresa de Xeve e solidarizouse coas súas peticións laborais, tras 43 días de folga. Mañá, os delegados sindicais manterán unha xuntanza na Coruña coa empresa a petición da Inspección de Traballo para tentar chegar a un acordo 

O alcalde de Pontevedra cos traballadores de Liteyca
O alcalde de Pontevedra cos traballadores de Liteyca / Cristina Saiz
Denuncian a situación de Liteyca, subcontrata de Telefónica /

Levan 43 días de folga pero agora iniciarán paros en días determinados. Nesta situación encóntranse os ao redor de 45 traballadores da empresa con sede en Xeve, Liteyca, subcontrata encargada das instalacións e reparacións para Telefónica.

Durante o mediodía deste xoves, unha representación do equipo reuniuse co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para transmitirlle a situación que atravesan nesta empresa na que contan cun sistema de puntos que para completalo teñen que traballar dez ou doce horas diarias e, de non o cumprir, se lles despide, apuntou o rexedor local tras entrevistarse cos operarios.

Fernández Lores engadiu que a empresa, que atende ás indicacións de Telefónica, non respecta o convenio do metal e o que único que busca é sacar a máxima rendibilidade "quintándollo do lombo dous traballadores" e cualificou a situación laboral en Liteyca como "de escravos".

Jon Barturen, representante da CIG, recordou que a folga que levaron a cabo non era por incremento salarial senón por que están a traballar "a degüello". A Inspección de Traballo de la Xunta de Galicia convocou a empresa e os representantes dos traballadores para manter mañá venres unha reunión na Coruña para intentar que se acheguen as posturas, xa que nestes momentos non hai ningún tipo de diálogo.

Barturen apuntou a que este persoal, que antes traballaba para Telefónica, agora o fai para subcontratas en condicións precarias porque se incumpre o convenio.