Lores solicita por carta entrevistarse cos presidentes da Xunta e a Deputación de Pontevedra

Pontevedra
16 de agosto 2023

"Iniciamos un novo mandato e é convinte ter unha entrevista", asegura o alcalde da Boa Vila sobre uns encontros nos que pretende repasar os investimentos pendentes de execución ou en curso no municipio

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevera Mónica Patxot

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, enviou este mércores senllas cartas aos presidente de Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra, Alfonso Rueda e Luís López respectivamente, solicitando un encontro formal.

"Iniciamos un novo mandato e é convinte ter unha entrevista para repasar os asuntos, e son moitos, que están en carteira", asegura o rexedor da Boa Vila.

"Temos o máximo interese en ter unha relación de cordialidade institucional", sinalou Lores.

Nas misivas non se especifican polo momento os temas a tratar ou demandas do goberno pontevedrés, senón que serán avanzadas cando as institucións autonómica e provincial confirmen a data das reunións.

Entre eses asuntos pendentes atópanse convenios, investimentos e obras en execución ou que están á espera de poder acometerse. Tamén asuntos, no caso da Deputación, como a cesión do Convento de Santa Clara ou as actuacións previstas no Museo de Pontevedra. "Son moitísimas cousas", afirma o alcalde.

En todo caso serán temas a negociar non seu momento, aínda que "estamos condenados a entendernos", asegurou Fernández Lores.