Loureiro de Abaixo estrea mellora nos seus accesos

Umia
07 de decembro 2017

O camiño de acceso ao lugar, na parroquia cuntiense de Portela, foi asfaltado e pintouse sinalización horizontal

Camiño de acceso a Loureiro de Abaixo, na parroquia de Portela
Camiño de acceso a Loureiro de Abaixo, na parroquia de Portela / Concello de Cuntis

O núcleo de Loureiro de Abaixo, na parroquia cuntiense de Portela, estrea mellora nos seus accesos.

As obras, que foron financiadas polo Concello de Cuntis e a Consellería do Medio Rural, consistiron na pavimentación do camiño e en habilitar sinalización horizontal.

En concreto, dotouse ao viario dunha nova capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente sobre a que xa existía.

Ademais limpáronse as marxes e reabríronse cunetas, incluíndo a limpeza dos caños existentes para conseguir unha adecuada drenaxe do viario.

O orzamento base de licitación dos traballos ascendeu a 28.668,18 euros.