Lourenzo quere recuperar os nove muíños de Daión

Soutomaior
12 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Esta semana agárdase que se presente por rexistro o proxecto de recuperación para este conxunto etnográfico, que contará cun investimento de 200.000 euros

Muíños de Daión
Muíños de Daión / Concello de Soutomaior

O goberno local de Soutomaior está a buscar fontes de financiamento europeo co obxectivo de recuperar os muíños de Daión a mediados de 2026.

Está previsto que esta semana entre por rexistro o proxecto de recuperación deste espazo de gran valor etnográfico. 

Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, márcase como obxectivo crear lugares de lecer neste espazo para que se converta nun núcleo de referencia no municipio.

Ademais da reforma das estruturas tradicionais, o proxecto inclúe a incorporación de mobiliario integrado na contorna con materiais nobres como pedra ou aceiro corten.

O rexedor agradece a disposición da comunidade de montes da Devesa e de todo a veciñanza implicada en "facilitar e positibiltar" esta obra. 

O investimento previsto ascende aos 200.000 euros coa previsión de transformar os muíños de Daión e todo o espazo da Devesa e da Xunqueira de Arcade.