Centos de veciños de Lourizán participaron esta fin de semana nun "magosto da dignidade", unha actividade lúdica e reivindicativa que se enmarca dentro da súa campaña de oposición á ampliación da depuradora dos Praceres.
As malas condicións climatolóxicas non impediron que os veciños participaran nesta festa que, tras iniciarse ás 18.30 horas, se prolongou ata a madrugada.
Tanto a música tradicional de Pousos da Area, como a comida e a bebida repartida, onde as castañas tiveron un papel destacado, e a solidariedade veciñal coa loita contra a polémica ampliación, foron motivos máis que suficientes para que o éxito estivera garantido.