Unha acción de protesta sinala que Lourizán é o "lugar máis degradado de todo o litoral galego"

Pontevedra
03 de decembro 2018

Este domingo, a plataforma contra a ampliación da depuradora de Os Praceres realizou unha acción simbólica que consistiu nunha cadea humana ó redor da igrexa parroquial

Os Praceres, Lourizán
Os Praceres, Lourizán / Mónica Patxot

Este domingo, a plataforma contra a ampliación da depuradora de Os Praceres realizou unha acción simbólica titulada "Lourizán Zona 0: lugar máis degradado de todo o litoral galego", que consistiu nunha cadea humana ó redor da igrexa parroquial.

Mediante este acto, a plataforma buscaba denunciar a situación na que se atopa a parroquia que, según di, "é coñecida en toda Galicia como o paradigma da degradación dunha zona costeira, pola suma de aberracións ambientais, paisaxísticas e urbanísticas por decisións das sucesivas administracións desde fai décadas, cando paradoxicamente era un auténtico paraíso fai menos dun século".

A plataforma critica que a Xunta, "no lugar de frear esta degradación e dar marcha atrás", coa recuperación ambiental da ría de Pontevedra, "pretende darlle a puntilla" coa ampliación da depuradora e co novo emisario e "no lugar de perseguir a recuperación do dominio marítimo- terrestre, dá pasos hacia a perpetuación da súa ocupación".

"No lugar de buscar alternativas máis sostibles do modelo actual de saneamento, pretende empeoralo cunha macrodepuradora enriba do banco marisqueiro máis importante da ría", conclúe.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora