Louro anuncia que a próxima semana entrevistarase con 'Non Crematorios Pontevedra Leste'

Pontevedra
05 de xuño 2014

Membros da plataforma veciña presentaron por rexistro unha nova solicitude de entrevista co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e co concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, para trasladarlles a súa oposición á creación do crematorio en San Amaro

Presentación da solicitude de xuntanza co alcalde e o concelleiro de Urbanismo por parte de Non Crematorios Pontevedra Leste
Presentación da solicitude de xuntanza co alcalde e o concelleiro de Urbanismo por parte de Non Crematorios Pontevedra Leste / PontevedraViva
A Platafora 'Non Crematorios Pontevedra Leste¡ non cren que Funespaña desista de crear o crematorio en San Amaro /

O concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, anunciou que ten intención de reunirse cos integrantes da Plataforma 'Non Crematorios Pontevedra Leste' a próxima semana despois de que esta mañá algúns representantes deste colectivo presentasen, de novo, por rexistro un escrito solicitando unha entrevista co alcalde e co propio concelleiro.

O secretario da plataforma, José Antonio Rodríguez, lamentou a inacción que detectan no grupo de goberno de Pontevedra e mostra a súa preocupación porque non contestaron ao problema das alegacións.

Pola súa banda, Antón Louro afirmou que se están a analizar as alegacións por parte dos técnicos municipais e séguese tramitando unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal que, segundo o concelleiro, "bloquea a posibilidade de realizar determinados proxectos en determinados sitios".

Sobre a posibilidade de que a empresa Funespaña decida aparcar o proxecto de construción do crematorio en San Amaro, o concelleiro de Urbanismo indicou que non ten novos datos e os afectados dan pouco crédito a que a empresa desista do proxecto: "ÿ para desmobilizarnos. E, cando non nos demos conta, levarémonos sorpresas por aí", indica o presidente da plataforma, José Luis Calvo.