Louzán e Moreira piden ⿿responsabilidad⿝ para evitar que a Brilat se vaia de Pontevedra

Pontevedra
31 de maio 2013

O voceiro dos 'populares' de Pontevedra recorda que "nos estamos jugando mucho, algo muy delicado", pois a Brigada ten un equipo de 2.500 traballadores e sinala que "me gustaría que el alcalde se involucrara en este tema que es crucial para Pontevedra". Opina que "hay que intentar llegar a un acuerdo, lo que no puede ser es que para beneficiar a unos pocos se afecte a todos"

A falta de entendemento económico entre o Ministerio de Defensa e os comuneros propietarios de parte do terreo que ocupa a base da Brilat en Figueirido espertaron a "preocupación" dos políticos do PP. Os líderes do partido a nivel local e provincial, Jacobo Moreira e Rafael Louzán, fan unha chamada á "responsabilidad" de todas as persoas implicadas nas negociacións para evitar que a Brigada teña que deixar a súa situación actual.

En declaracións aos medios na Deputación Provincial, Louzán lamentou o intento reiterado de "expulsar de Pontevedra a aqueles que xeran riqueza e postose de traballo" e sinalou que considera "razoable que vos veciños poidan ter unha compensación" polo uso dos seus terreos, pero entende que que as esixencias "non poden ser desproporcionadas, ata o punto de provocar a saída de Figueirido dun destacamento que deixa 40 millóns de euros anuais na cidade".

"En Pontevedra non temos moita actividade que xere unha economía como a que xera a Brilat", asegurou e recriminou o Goberno local de Pontevedra que ten unha "responsabilidade indirecta" na situación actual da Brilat. En canto aos veciños de Salcedo que dificultan o entendemento co Ministerio de Defensa, recordou que "ten hectáreas e hectáreas de monte abandonado, a produción cero".

Jacobo Moreira tamén ve certa responsabilidade do grupo de goberno do BNG no Concello de Pontevedra, chama ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a que actúe para axudar a que se chegue a un entendemento entre Defensa e as comunidades de montes de Salcedo, Figueirido e Vilaboa. "Me gustaría que el alcalde se involucrara en este tema que es crucial para Pontevedra", indica.

O voceiro dos 'populares' de Pontevedra recorda que "nos estamos jugando mucho, algo muy delicado", pois a Brigada ten un equipo de 2.500 traballadores. Opina que "hay que intentar llegar a un acuerdo, lo que no puede ser es que para beneficiar a unos pocos se afecte a todos".

Arquivado en