Louzán presenta a súa dimisión como concelleiro de Ribadumia

O Salnés
11 de marzo 2016

Tras cinco mandatos como concelleiro electo no Concello de Ribadumia, nas que tivo a oportunidade de asumir responsabilidades municipais, provinciais e autonómicas, entende que é o momento de deixar paso a novas persoas

Rafael Louzán, presidente provincial do Partido Popular
Rafael Louzán, presidente provincial do Partido Popular / Mónica Patxot

Rafael Louzán presentou este venres no Concello de Ribadumia a súa renuncia á acta de concelleiro do Partido Popular.

Tras cinco mandatos como concelleiro electo no Concello de Ribadumia, nas que tivo a oportunidade de asumir responsabilidades municipais, provinciais e autonómicas, entende que é o momento de deixar paso a novas persoas.

Rafael Louzán agradeceu a colaboración do persoal municipal, así como dos concelleiros das diferentes corporacións, tanto do Partido Popular como doutras forzas políticas, cos que tivo a oportunidade de traballar ao longo destes 21 anos.

Tamén aproveita a ocasión para agradecer aos veciños de Ribadumia a confianza que depositaron nel para poder exercer distintas responsabilidades nas que "sempre antepuxo os intereses da cidadanía e a mellora do concello".