Luces de cores para a fonte "dos nenos"

Pontevedra
11 de marzo 2019

A estrea desta mellora está previsto para o próximo día 22, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Auga

Fonte dos nenos
Fonte dos nenos / Mónica Patxot

A empresa Viaqua iniciará este martes os traballos para instalar un sistema de iluminación ornamental na coñecida como fonte dos nenos.

O portavoz do goberno local de Pontevedra, Raimundo González, informou este luns que a concesionaria do servizo municipal da auga investirá uns 57.500 euros nesta actuación que estaba comprometida no novo contrato.

Instalaranse 84 proxectores de luz e utilizaranse uns 600 metros de cableado. O sistema de iluminación estará regulado por un cadro de control.

Raimundo González sinalou que a nova iluminación tamén servirá para lucir distintas cores para conmemorar datas especiais.

A estrea desta mellora está prevista para o próximo día 22 de marzo, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Auga.