Luís López e Román Rodríguez apoian a Suso Sueiro na presentación da súa candidatura a alcalde de Meaño

O Salnés
08 de maio 2023

O aspirante do Partido Popular á alcaldía presentou este luns ás persoas que compoñen a súa lista electoral para devolver ao PP o bastón de mando de Meaño

Presentación da candidatura do PP de Meaño ás eleccións municipais
Presentación da candidatura do PP de Meaño ás eleccións municipais / Partido Popular

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, pediu este luns “o apoio e a implicación de todos” para que Suso Sueiro e toda a candidatura consigan unha maioría o 28 de maio que permita a Meaño recuperarse de "catro anos de atrasos" e volver a ser un concello referente. 

“Somos o único partido que pode recuperar o rumbo de Meaño, o que garante proxectos serios, fiables, estables... como o que están ofrecendo o noso candidato Suso e todo o seu equipo”. Nesta liña, puxo en valor que “os grandes alcaldes de Meaño foron do Partido Popular". Recordou a Jorge Domínguez e Lourdes Ucha.

Ademais de López, tamén participou o responsable de Cultura e Educación do Goberno galego, Román Rodríguez. O presidente provincial destacou que Sueiro “ten cualidades fundamentais” para quen aspira ser o alcalde dos seus veciños: “é unha persoa conciliadora, dialogante, próxima, positiva, que pensa en grande para Meaño, comprometida e que ten experiencia en xestión e política local”. 

Pola súa banda, Suso Sueiro agradeceu o apoio de toda a candidatura e de todos os veciños que cada día amosan a súa ilusión por un proxecto que está “moi definido e planificado para o Meaño do futuro. Que conta cun traballo previo de consenso e de asesoramento para coñecer a viabilidade de cada proxecto e, polo tanto, podemos asegurar que é un programa totalmente realista”.

Así, algúns dos proxectos que inclúen son mellorar as instalacións do Centro Rural dos Maiores e ampliar a Centro de Día; un cheque bebé de 2.000 euros por nacementos co que asentar poboación; un parque da natureza, lúdico e co máximo respecto á natureza ou a ampliación das prazas de aparcamento no centro.

Con respecto á candidatura, agradeceu o compromiso, o traballo, as gañas e a ilusión de todo o equipo. “Tomamos como referencia a dous grandes alcaldes do Partido Popular de Meaño, como son Jorge Domínguez e Lourdes Ucha, dúas persoas que tamén tiveron un peso político importante a nivel do partido, para recuperar catro anos perdidos en Meaño”.

CANDIDATURA DO PP DE MEAÑO

1 SUSO SUEIRO MÉNDEZ

2 DAVID COUSO MÉNDEZ

3 IRIA CASTRO CASTRO

4 CARLOS FANDIÑO MEIS

5 MARÍA DE LA CRUZ VÁZQUEZ TORRES

6 ROBUSTIANO VARELA BUDELO

7 DIEGO BESADA GONZÁLEZ

8 LUCÍA FERNÁNDEZ SABORIDO

9 CARMEN BARRAGÁNS PÉREZ

10 FERNANDO ANTELO DASILVA

11 ZAIRA MINIÑO INSUA

12 ÓSCAR MUÑIZ NAVEIRO

13 MARÍA LOURDES UCHA VARELA

SUPLENTES:

1 JUSTO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

2 MARÍA JOSÉ PÉREZ VIÑAS

3 MARÍA ISABEL GARRIDO MUÑOZ