O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, realizou este domingo 10 de agosto a ofrenda institucional á Virxe Peregrina, patroa da provincia, nun acto solemne celebrado no Santuario da Virxe Peregrina.
Esta é a segunda vez que López asume esta encomenda desde que preside a institución provincial, e aproveitou a ocasión para lanzar unha mensaxe de compromiso coa provincia e de reivindicación dos valores tradicionais e de unidade.
No seu discurso, López fixo unha "invitación para todo pontevedrés –de nacemento ou de adopción, como é o meu caso—" a "evocar a grandeza que proxecta a Semana Grande".
Subliñou que "cada segundo domingo de agosto, a festividade da Virxe Peregrina resalta unha Pontevedra de raíces", onde "queremos celebrar; queremos replicar a comuñón familiar que emana de fogares e rúas; queremos transmitir unidade no presente, ilusión no futuro e quere aflorar un pasado orgulloso e desacomplexado de tradicións como esta Ofrenda".
O presidente provincial non dubidou en facer unha crítica velada a anteriores xestións cando a socialista Carmela Silva presidía a institución, afirmando que "os oito anos de ausencia da Presidencia da Deputación a esta Ofrenda son vistos hoxe como un paréntese erróneo, minúsculo e esquecido, agás para recordar que quen quere situarse por riba da tradición fracasará sempre no seu empeño".
López conectou a tradición relixiosa con mensaxes universais de humanismo, facendo referencia á Bienal de Arte Contemporánea de Pontevedra, que "está a emitir estes meses mensaxes universais de paz e piedade idénticos aos que se escoitan na Peregrina, no Obradoiro ou no Vaticano ante o conflito, as crises humanitarias e a guerra".
Mencionou tamén a intervención artística de Warrener na Peregrina, que "captou o poder simbólico dun templo que, máis que de pedra, tamén é de palabra e valores".
Na súa intervención, o presidente da Deputación apelou a desafíos actuais da provincia. "Pedimos acerto para renovar o abrazo simbólico e real do anfitrión e do turista que chegado de moitos lugares do mundo elixe Rías Baixas, pechando o paso a calquera brote de turismofobia", dixo.
Tamén reclamou "alento para proclamar cantas veces sexa necesario o valor do noso patrimonio natural, o tesouro que é o noso monte; para evitar que os incendios o empobrezan, e con eles a toda a provincia".
Un dos puntos máis contundentes do seu discurso foi a chamada á loita contra a violencia machista. "Urxe estreitar as fendas –todas as fendas— que separan a igualdade entre homes e mulleres; e é imperativo concentrar todos os medios ao noso alcance –sociais, policiais, educativos, institucionais...— para que crimes machistas como o máis recente vivido no Porriño, deixen de conxelarnos o corazón e sexan por fin os derradeiros".
Finalmente, Luis López fixo un chamamento a "desterrar a "política do muro" que se exerce en institucións capitais do noso país, cos seus satélites locais, para substituíla por unha política de metas compartidos na que a diferenza lexítima non ten poder de veto sobre os consensos a as metas comúns".
Concluíu a súa ofrenda pedindo á Virxe Peregrina que guíe o rumbo dunha provincia "capaz de silenciar o sectarismo cunha política de Tender Pontes, o lema da nosa institución".

Ofrenda á Peregrina do presidente provincial Luis López