Luisa Lores (Sumar) defende a necesidade de "blindar o carácter público" do sistema nacional de saúde

Pontevedra
21 de xullo 2023

Luisa Lores deu a coñecer esta semana, nun acto electoral no Grove, a situación que atravesa a sanidade pública e as claves para mellorala desde o goberno estatal

Mar Moreira, Luisa Lores e Mari Camiña
Mar Moreira, Luisa Lores e Mari Camiña / Podemos Pontevedra

Luisa Lores deu a coñecer esta semana, nun acto electoral no Grove, a situación que atravesa a sanidade pública e as claves para mellorala desde o goberno estatal.

A número catro na lista ao Congreso por Sumar, arroupada polas compañeiras de Podemos e pola candidata Verónica Martínez, defendeu a necesidade imperante de "blindar o carácter público" do sistema nacional de saúde" e así evitar a xestión privatizadora na sanidade pública mediante lei. Lembra que "ese foi un dos compromisos acadados pola coalición PSOE-UP na anterior lexislatura que, sen embargo, o PSOE se negou a incorporar na 'Ley Darias', que deixaba intacta a 'Ley Aznar'.

Sumar hereda o programa sanitario de Podemos e comprométese a "aumentar o gasto sanitario orzamentario" para poder incorporar novas prestacións no sistema nacional de saúde como a saúde bucodental, a nutrición, a saúde óptica, a audioprótese, a psicoterapia, a terapia ocupacional ou a fisioterapia; mellorar as condicións laborais de todo o persoal (sanitario e non sanitario), crear unha empresa farmacéutica pública ou eliminar o copago farmacéutico.

En canto á saúde mental, promove un pacto de Estado para que as políticas consensuadas dispoñan de liñas de financiación destinadas a aumentar as plantillas de profesionais de psicoloxía, así como medidas específicas para abordar a saúde mental cara previr os sucidios, de forma moi específica en centros educativos "vendo a alarmante situación" que se está dando entre a xente máis nova.