Luz verde á rehabilitación de 63 novas vivendas no casco histórico e Estribela

Pontevedra
24 de xullo 2017

A Xunta de Goberno local de Pontevedra deste luns deu luz verde a 30 actuacións máis no centro histórico e 33 en Estribela no marco da dúas Área de Rehabilitación Integral (ARI) que están en macha

Rehabilitación dunha vivenda no casco histórico
Rehabilitación dunha vivenda no casco histórico / Mónica Patxot

A Xunta de Goberno local de Pontevedra deste luns deu luz verde a 63 actuacións máis no marco das dúas Área de Rehabilitación Integral (ARI) que están en macha no centro histórico de Pontevedra e a parroquia de Estribela. 

En concreto, segundo deu a coñecer o portavoz municipal, Raimundo González, aprobáronse as actuacións que se financiarán con cargo á terceira convocatoria deste programa de rehabilitación, 30 actuacións máis no centro histórico e 33 en Estribela

Segundo os datos facilitados por González, no centro histórico de Pontevedra as actuacións recibirán un financiamento público de 357.587 euros e en Estribela un total de 161.262 euros. Estas cifras revelan que as obras que realizarán os veciños con cargo a este programa serán, nesta terceira convocatorio, de pequena entidade, pois recibirán unha media de 5.000 euros por proxecto en Estribela e 10.000 no centro histórico da cidade. 

Esta é xa a terceira convocatoria dos ambos ARI e estas novas actuacións elevan a 158 o total de vivendas rehabilitadas nestas zonas de Pontevedra ao amparo das axudas públicas do Concello e o goberno estatal. En Estribela xa se realizaron nas dúas primeiras convocatorias 25 obras e no centro histórico, 70.