Luz verde ás obras de acondicionamento da zona cedida polo Porto

Marín
29 de xullo 2015

O goberno local estima que esta reforma poida iniciarse ao final do verán

Festas do Carme de Marín 2015 Diego Torrado

Na Xunta de Goberno Local celebrada este mércores aprobouse o proxecto e o inicio do expediente de contratación das obras de ampliación da zona de aparcadoiro e o acondicionamento da zona cedida polo porto.

Durante as Festas do Carmen o recinto foi ocupado polas atraccións e tamén utilizado como aparcadoiro.

O goberno local estima que esta reforma poida iniciarse ao final do verán.

Pola súa banda, a Autoridade Portuaria concluíu o asfaltado da entrada ao Porto, así como as obras de reposición de servizos e control de entradas e saídas necesarias nun recinto que ten que contar coas medidas de seguridade.

A Deputación achegará a cantidade de 92.153,60 euros para o financiamento deste proxecto que terá, entre outras, a finalidade de comunicar a avenida de Ourense e o paseo Alcalde Branco.

A reforma inclúe a mellora e ampliación das prazas de aparcadoiro de 234 prazas ata as 343 prazas que se xerarían con esta actuación, segundo consta no mesmo proxecto.