Maica Larriba, primeira muller que dirixe a agrupación local socialista

Pontevedra
19 de xaneiro 2018

Foi a única candidatura que se presentou para liderar a agrupación e obtivo o 88% dos apoios durante a asamblea do PSdeG-PSOE celebrada este xoves

Maica Larriba
Maica Larriba / Mónica Patxot

Maica Larriba García encabezaba a única candidatura que se presentaba á asemblea local do PSdeG-PSOE para liderar o proxecto socialista e a súa proposta foi apoiada polo 88% dos militantes nunha sesión que se celebraba na sede de  Afundación e que se estendeu durante máis de catro horas. 

Desta forma, a veterana socialista convértese na décimo segunda secretaria xeral da formación política en Pontevedra, substituíndo no cargo a Agustín Fernández. Ademais, a catedrática en Xeografía e Historia pasa a converterse na primeira muller que ostenta este cargo.

O novo equipo que dirixirá ao PSOE para os próximos comicios municipais está formado por 23 integrantes, con once mulleres e doce homes. O vicesecretario xeral será  Roxelio Pérez  Agulla e Agustín Fernández pasará a exercer de secretario de organización. O presidente de honra será o ex secretario comarcal de UXT, Benito Gama. 

Nesta asemblea participaron 126 afiliados. Precisamente, un dos obxectivos que se marca a nova secretaria  xeral é a de achegarse á cidadanía para incrementar o número de militantes.

Nesta cita tamén se aprobou o comité nacional, que estará liderado por Roxelio Pérez  Agualla, e o comité provincial do PSdeG-PSOE, que tamén se atopará encabezado por  Maica  Larriba.