Máis apoios políticos á petición de indulto de Ana e Tamara

Pontevedra
04 de xuño 2014

Nas últimas semanas as traballadoras reuníranse coa concelleira non adscrita María Biempica e este mércores mantiveron un encontro co voceiro municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira. O 'popular' comprometeu o voto favorable do PP á moción que se debaterá no vindeiro Pleno da Corporación para sumarse á petición de indulto

Reunión de Jacobo Moreira con Ana e Tamara PP de Pontevedra

Ana María González e Tamara Vidal, as dúas traballadoras non sindicadas da piscina de Campolongo que veñen de ser condenadas pola Audiencia Provincial de Pontevedra a tres anos de prisión pola presunta participación nun piquete informativo durante a folga de instalacións deportivos do ano 2010, seguen a recabar apoios políticos en favor da súa petición de indulto. 

Nas últimas semanas reuníranse coa concelleira non adscrita María Biempica e este mércores mantiveron un encontro co voceiro municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira. Ambos os dous lle trasmitieron o seu apoio á petición de indulto.

Moreira comprometeu o voto favorable do PP á moción que se debaterá no vindeiro Pleno da Corporación para sumarse á petición de indulto e transmitiules persoalmente ás dúas afectadas a súa solidariedade ante a pena xudicial que se lles impuxo, unha condena da que di que é "claramente cuestionable polo sentido común".

O voceiro do PP tamén lles comunicou que días atrás asinou, a título individual, a petición de indulto dirixida ao Ministerio de Xustiza que as afectadas teñen habilitada a través da páxina web change.org.