Máis de 130 persoas participan no VIII Congreso Extraordinario de Novas Xeracións de Marín

Marín
22 de xaneiro 2023

Ao acto celebrado no Museo Manuel Torres este sábado asistían Diego Gago, deputado do PP no Congreso; Ana Cristina Pérez Cabaleiro, presidenta de NNXX da provincia; María Ramallo, alcaldesa de Marín; e Luisa Piñeiro, secretaria xeral do PP provincial

Adrián Arias, novo presidente de NNXX de Marín
Adrián Arias, novo presidente de NNXX de Marín / Partido Popular

Adrián Arias proclamouse novo presidente de Novas Xeracións do PP en Marín durante o acto celebrado este sábado 21 no Museo Manuel Torres.

Máis de 130 persoas participaban na oitava edición do Congreso Extraordinario de NNXX de Marín

Ao acto asistían Diego Gago, deputado popular no Congreso; Ana Cristina Pérez Cabaleiro presidenta de NNXX na provincia; María Ramallo, alcaldesa de Marín; e a secretaria xeral do PP provincial, Luisa Piñeiro.

Pablo Novas pechaba con este evento a súa etapa á fronte da agrupación despois de 14 anos ocupando a presidencia deixando o cargo en mans de Adrián Arias.