Máis de 200.000 euros investidos para a mellora viaria y de servizos en Fentáns

Pontevedra
05 de marzo 2018

O presidente municipal Jorge Cubela anunciou a súa intención de completar o proxecto tras unha visita ao lugar de Fentáns, para o que se investiu un total de 230.000 euros

O alcalde Jorge Cubela durante a súa visita a Fentáns
O alcalde Jorge Cubela durante a súa visita a Fentáns / Concello de Cerdedo-Cotobade

O proxecto de modernización, mellora viaria e de servizos do lugar de Fentáns completarase nos próximos meses, segundo anunciou o rexedor de Cerdedo-Cotobade. Jorge Cubela amosou a súa intención de finalizalo tras realizar una completa visita á zona, na que examinou o estado das infraestruturas e comprobou os avances xa rexistrados.

Desde que no ano 2015 se efectuara una primeira partida de 60.000 euros para modernizar o ensanche interior, outra de 110.000 para acondicionar o pavimento dos accesos internos e a construción de muros de contención, e unha última de 60.000 para a renovación da capa de rodadura da vía principal, Fentáns mellorou considerablemente a calidade de vida dos seus habitantes e os servizos que ofrece, obras polos que o alcalde Cubela manifestou a súa satisfacción.

Ademais, quixo sinalar as actuacións que se están levando a cabo noutras zonas periféricas como Augasantas, Caroi, Corredoira, Parada de Tenorio e certos lugares de Santa María de Sacos. O obxectivo é acadar un equilibrio territorial que permita mellorar as condicións de vida e o benestar dos veciños, e que as melloras cheguen a todos os lugares 

As seguintes obras xa proxectadas son, por un lado, o pintado desta estrada principal, procedente de San Xurxo e de máis dun quilómetro de lonxitude, que se inicia na primavera aproveitando a chegada dunha climatoloxía máis benigna. Por outro lado, tamén se procederá ao asfaltado dun camiño de máis de 300 metros de lonxitude situado na estrada PO-230.

Estes dous proxectos non serán os únicos que se realizarán no lugar. Tras coñecer as necesidades da contorna, o alcalde comprometeuse a impulsar as obras que sexan necesarias para acondicionar a zona, na que conviven máis de 80 veciños.