Máis de 300 persoas vulnerables buscan unha oportunidade de emprego con Cruz Vermella en Pontevedra

Pontevedra
04 de maio 2017

Máis de 300 persoas participaron no Plan de Emprego de Cruz Vermella en 2016. Delas, 174 foron mulleres (o 58%), que seguen sendo o grupo con máis dificultades para acceder ao mercado laboral, seguido das persoas migrantes e refuxiadas, mozas con baixa ou nula cualificación e as persoas desempregadas de longa duración e con máis de 45 anos

Plan de Emprego de Cruz Vermella
Plan de Emprego de Cruz Vermella

Máis de 300 persoas participaron no Plan de Emprego de Cruz Vermella en 2016. Delas, 174 foron mulleres (o 58%), que seguen sendo o grupo con máis dificultades para acceder ao mercado laboral, seguido das persoas migrantes e refuxiadas, mozas con baixa ou nula cualificación e as persoas desempregadas de longa duración e con máis de 45 anos.

O perfil maioritario é muller, migrante, cunha idade comprendida entre os 25 e os 54 anos, con baixa ou nula cualificación e en desemprego desde fai máis dun ano.

O balance do Plan de Emprego de Cruz Vermella en 2016 indica que a taxa de inserción laboral incrementouse ata o 66%. Iso supón que preto de 200 persoas accedesen a un posto de traballo co apoio desta ONG.

En 2016 incrementáronse notablemente as alianzas deste plan de emprego de Cruz Vermella en Pontevedra, contando con máis de 160 empresas que colaboraron coa organización a distintos niveis, e xestionando máis de 134 ofertas de emprego de empresas de diferentes sectores que necesitan profesionais e apostan por brindar unha oportunidade a quen máis o necesitan.